Que miran os nosos Moais?

Os Moais son esas estatuas que na portada do noso blog están mirando que? cara onde? e porque están todos xuntos?  Que fan?

En dúas ou tres liñas (non vale consultar internet) contame o que ti coides das preguntas anteriores e fai un debuxo do que contes, por suposto coloreado.

moai_rano_raraku

21 thoughts on “Que miran os nosos Moais?

  1. Os moais están vendo a praia, desexando poder ao fin, desprazarse e nadar no mar, xogar na area e agocharse nas rochas.
    Nese momento, non chegaron a chorar, pola fermosa posta do sol.

    Gústame

  2. Miran ao ceo a uns meteoritos que alguén lles dixo que ían caer na illa de Pascua. E por primeira vez, tiña medo e querían saber como caía un meteorito e a súa explosión. Por iso miran ao ceo tan atentos.

    Gústame

  3. Os moais estan a mirar unha bandada de paxaros, voando e dando piruetas. Cada un tiña a sua cor, menos a primeiraque era de moitisimas cores e asemellábase ó guía. Os moais puxéronse en fila para ver os paxaros sobre o mar.

    Gústame

  4. Estan mirando un partido de fútbol:
    Real Madrid-2 Barcelona-1
    Un gol meteuno o portugués Ronaldo e o o outro meteuno Bale no minuto 43,25.
    O gol do Barcelona foi épico.Meteullo Leo Messi dende o medio do campo de vaselina ao guardameta por toda a escadra.

    Gústame

  5. Están vendo un partido de fútbol que xogo co meu equipo no campo de San Pedro contra o Pontevedra e vamos gañando 1-0.Os moais non o queren perder.

    Gústame

Deixa unha resposta a Santiago Malvar Farto Cancelar a resposta