A til/O acento

A til e os acentos son, ás veces, cousiñas que na escrita nos dan moito a lata, porque nos custa saber onde o levan, porque o levan ou porque non. Aquí tedes uns cantos sitios onde podedes practicar.

Antes botádelle unha ollada ao vídeo. Sede pacientes e dádelle de duro.

Premede enriba das distintas imaxes para poder acceder ás páxinas:

clasificacic3b3n-de-las-palabras-segc3ban-el-lugar-que-ocupa-la-sc3adlaba-tc3b3nica-e1351244950265

silaba

clasificacic3b3n-de-las-palabras-segc3ban-el-lugar-que-ocupa-la-sc3adlaba-tc3b3nica2

Práctica os acentos xogando ao baloncesto, que sabemos que hai moitos aos que vos gusta, practicar acentos queremos dicir.

encesta

 

agudas-llanas-y-esdrc3bajulas7

A Escuma da Lúa

Escomenzamos o Taller de Poesía traballando colectivamente coas palabras que levaban implícita a cor branca no seu significado, e de xeito moi primitivo este foi o poema que saíu; falto de ritmo si, pero con achádegos para estas primeiras pegadas na poesía.

A escuma da Lúa

Na escuma da Lúa

a beluga canta.

Na escuma da Lúa

a gaivota chora.

E a cinta correctora das ondas

anda perseguindo velas,

na escuma da Lúa

Palabras Brancas

palabras_brancas-riveiro_tobio_elvira-9788497827270“Palabras Brancas” é o libro de poesía de Elena Riveiro Tobío co que estamos traballando este trimestre.  Ben sabedes que ten a peculiaridade de que todas as palabras non teñen outra vogal que non sexa o A.

“Porque tamén da dificultade podemos saír con imaxinación, orixinalidade e incluso reivindicación, porque paz, Bagdad, basta, xa … escríbense con A. E non só a PAZ. Vexamos que e como… Camaradas Papá plancha as sabas, mamá sacha as patacas, papá lava as pratas, mamá apaña as laranxas, papá arranxa a casa, mamá arranxa as zapatas … Caramba! Xa basta! Traballar cansa! … Para acabar, fan gran manxar para xantar: pasta branda á malabar! … Para acabar, papá abraza a mamá mamá abraza a papá.”

Mais esta mañá traballamos con outro tipo de palabras brancas, aquelas que levan no seu contexto ou no seu significado a cor. Escribe  nos comentarios aquela palabra que suliñamos na túa lista, esta mañá.

Make-Make

Make-Make é un pequeno planeta (planeta anano) máis aló de Neptuno, e que polo tanto pertence ao noso sistema Solar, a Via Láctea.  Foi descuberto na Pascua do 2005, por iso o primeiro nome que recibiu foi o de “Coello de Pascua”, mais logo alguén lle buscou relación coa illa de Pascua e decidiron poñerlle o nome de Make-Make. Make-Make ten un satélite que se chama Lúa-Lúa

makemakegranMais preguntarédesvos quen é este Make-Make polo que lle puxeron o nome ao planeta?

Make-Make é o deus da illa Rapa Nui, bautizada como Pascua polos europeos, e que os habitantes da illa consideraban como o creador do mundo. Representábano coma un home con cabeza de paxaro, porque eses eran os animais que con máis frecuencia se vían nunha illa que está lonxe de toda terra.

makemakeMake en inglés quere dicir tamén elaborar productos, no noso caso de aprendizaxe; e ese vai ser o obxectivo do noso blogue