Tutorial para crear animacións básicas con Stykz, programa moi interesante para estudar os movementos do corpo humán
Tutorial para crear animacións básicas con Stykz, programa moi interesante para estudar os movementos do corpo humán
Logo do parón destes días imos empezar a traballar co software de programación Scratch. Trasteade un pouco con el seguindo este doado manual
A til e os acentos son, ás veces, cousiñas que na escrita nos dan moito a lata, porque nos custa saber onde o levan, porque o levan ou porque non. Aquí tedes uns cantos sitios onde podedes practicar.
Antes botádelle unha ollada ao vídeo. Sede pacientes e dádelle de duro.
Premede enriba das distintas imaxes para poder acceder ás páxinas:
Práctica os acentos xogando ao baloncesto, que sabemos que hai moitos aos que vos gusta, practicar acentos queremos dicir.
Escomenzamos o Taller de Poesía traballando colectivamente coas palabras que levaban implícita a cor branca no seu significado, e de xeito moi primitivo este foi o poema que saíu; falto de ritmo si, pero con achádegos para estas primeiras pegadas na poesía.
A escuma da Lúa
Na escuma da Lúa
a beluga canta.
Na escuma da Lúa
a gaivota chora.
E a cinta correctora das ondas
anda perseguindo velas,
na escuma da Lúa
“Palabras Brancas” é o libro de poesía de Elena Riveiro Tobío co que estamos traballando este trimestre. Ben sabedes que ten a peculiaridade de que todas as palabras non teñen outra vogal que non sexa o A.
“Porque tamén da dificultade podemos saír con imaxinación, orixinalidade e incluso reivindicación, porque paz, Bagdad, basta, xa … escríbense con A. E non só a PAZ. Vexamos que e como… Camaradas Papá plancha as sabas, mamá sacha as patacas, papá lava as pratas, mamá apaña as laranxas, papá arranxa a casa, mamá arranxa as zapatas … Caramba! Xa basta! Traballar cansa! … Para acabar, fan gran manxar para xantar: pasta branda á malabar! … Para acabar, papá abraza a mamá mamá abraza a papá.”
Mais esta mañá traballamos con outro tipo de palabras brancas, aquelas que levan no seu contexto ou no seu significado a cor. Escribe nos comentarios aquela palabra que suliñamos na túa lista, esta mañá.
Ceip Rosalía de Castro de Lugo
Blog de 5º Cep Sequelo
Blog de Noticias de la Comunidad WordPress.com