Get me outta here!

Make-Make

Blog de 5º Cep Sequelo

Menú

Saltar ao contido
  • Home
  • Acerca de
  • Contacto

Author Archives

aulamakemakehttps://makemakeschool.wordpress.com
aulamakemake's avatar

STYKZ

2 Decembro, 2016 by aulamakemake

Tutorial para crear animacións básicas con Stykz, programa moi interesante para estudar os movementos do corpo humán

Sin categoría Deixar un comentario

SCRATCH

2 Decembro, 2016 by aulamakemake

Logo do parón destes días imos empezar a traballar co software de programación Scratch.  Trasteade un pouco con el seguindo este doado manual

Sin categoría Deixar un comentario

A til/O acento

1 Decembro, 2016 by aulamakemake

A til e os acentos son, ás veces, cousiñas que na escrita nos dan moito a lata, porque nos custa saber onde o levan, porque o levan ou porque non. Aquí tedes uns cantos sitios onde podedes practicar.

Antes botádelle unha ollada ao vídeo. Sede pacientes e dádelle de duro.

Premede enriba das distintas imaxes para poder acceder ás páxinas:

clasificacic3b3n-de-las-palabras-segc3ban-el-lugar-que-ocupa-la-sc3adlaba-tc3b3nica-e1351244950265

silaba

clasificacic3b3n-de-las-palabras-segc3ban-el-lugar-que-ocupa-la-sc3adlaba-tc3b3nica2

Práctica os acentos xogando ao baloncesto, que sabemos que hai moitos aos que vos gusta, practicar acentos queremos dicir.

encesta

 

agudas-llanas-y-esdrc3bajulas7

Sin categoría Deixar un comentario

A Venus Atrapamoscas

1 Decembro, 2016 by aulamakemake

As plantas son seres autotrófos, elas mesmas fabrican o seu propio alimento coa auga e as sales minerais que recollen do chan polas raíces; mais tamén se da o caso de plantas que inda non sendo totalmente heterótrofas, por mor da pobreza dos chans onde viven, complementan a súa alimentación con pequenos animais.

Naturais Naturais Deixar un comentario

A Escuma da Lúa

25 Novembro, 2016 by aulamakemake

Escomenzamos o Taller de Poesía traballando colectivamente coas palabras que levaban implícita a cor branca no seu significado, e de xeito moi primitivo este foi o poema que saíu; falto de ritmo si, pero con achádegos para estas primeiras pegadas na poesía.

A escuma da Lúa

Na escuma da Lúa

a beluga canta.

Na escuma da Lúa

a gaivota chora.

E a cinta correctora das ondas

anda perseguindo velas,

na escuma da Lúa

Lengua Sin categoría Expresión escritaLengua Deixar un comentario

Palabras Brancas

23 Novembro, 2016 by aulamakemake

palabras_brancas-riveiro_tobio_elvira-9788497827270“Palabras Brancas” é o libro de poesía de Elena Riveiro Tobío co que estamos traballando este trimestre.  Ben sabedes que ten a peculiaridade de que todas as palabras non teñen outra vogal que non sexa o A.

“Porque tamén da dificultade podemos saír con imaxinación, orixinalidade e incluso reivindicación, porque paz, Bagdad, basta, xa … escríbense con A. E non só a PAZ. Vexamos que e como… Camaradas Papá plancha as sabas, mamá sacha as patacas, papá lava as pratas, mamá apaña as laranxas, papá arranxa a casa, mamá arranxa as zapatas … Caramba! Xa basta! Traballar cansa! … Para acabar, fan gran manxar para xantar: pasta branda á malabar! … Para acabar, papá abraza a mamá mamá abraza a papá.”

Mais esta mañá traballamos con outro tipo de palabras brancas, aquelas que levan no seu contexto ou no seu significado a cor. Escribe  nos comentarios aquela palabra que suliñamos na túa lista, esta mañá.

Sin categoría 17 Comentarios

Que miran os nosos Moais?

21 Novembro, 2016 by aulamakemake

Os Moais son esas estatuas que na portada do noso blog están mirando que? cara onde? e porque están todos xuntos?  Que fan?

En dúas ou tres liñas (non vale consultar internet) contame o que ti coides das preguntas anteriores e fai un debuxo do que contes, por suposto coloreado.

moai_rano_raraku

Expresión escrita Lengua Proxecto MakeMake Sociais Expresión escritaLenguaProxecto MakeMake 21 Comentarios

Make-Make

21 Novembro, 2016 by aulamakemake

Make-Make é un pequeno planeta (planeta anano) máis aló de Neptuno, e que polo tanto pertence ao noso sistema Solar, a Via Láctea.  Foi descuberto na Pascua do 2005, por iso o primeiro nome que recibiu foi o de “Coello de Pascua”, mais logo alguén lle buscou relación coa illa de Pascua e decidiron poñerlle o nome de Make-Make. Make-Make ten un satélite que se chama Lúa-Lúa

makemakegranMais preguntarédesvos quen é este Make-Make polo que lle puxeron o nome ao planeta?

Make-Make é o deus da illa Rapa Nui, bautizada como Pascua polos europeos, e que os habitantes da illa consideraban como o creador do mundo. Representábano coma un home con cabeza de paxaro, porque eses eran os animais que con máis frecuencia se vían nunha illa que está lonxe de toda terra.

makemakeMake en inglés quere dicir tamén elaborar productos, no noso caso de aprendizaxe; e ese vai ser o obxectivo do noso blogue

Proxecto MakeMake Sociais Ciencias SociaisProxecto MakeMake 1 comentario

Navegación de artigos

Follow Make-Make on WordPress.com

Diccionarios

rae rae

Diccionario de sinónimos

rae

BANDA DESEÑADA

makebeliefscomix

Sitios de interés

  • RAE

Blogs que sigo

Descoñecido's avatar
Descoñecido's avatar

Arquivo

O meu face

O meu face

Hoxe é:

Abril 2026
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
« Dec    

Búsqueda

Widget de texto de la barra lateral

Se trata de un widget de texto. El widget de texto te permite añadir texto o código HTML en cualquier barra lateral del tema. Utiliza el widget de texto para mostrar enlaces, imágenes, HTML, texto o una combinación de todos estos elementos. Edítalos en la sección Widget del Personalizador.
Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.
O BLOG DE 5º B

Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Make-Make

Blog de 5º Cep Sequelo

WordPress.com en Español

Blog de Noticias de la Comunidad WordPress.com

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Subscrición Subscrito
    • Make-Make
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Make-Make
    • Subscrición Subscrito
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...
 

    Design a site like this with WordPress.com
    Primeiros pasos