“Palabras Brancas” é o libro de poesía de Elena Riveiro Tobío co que estamos traballando este trimestre. Ben sabedes que ten a peculiaridade de que todas as palabras non teñen outra vogal que non sexa o A.
“Porque tamén da dificultade podemos saír con imaxinación, orixinalidade e incluso reivindicación, porque paz, Bagdad, basta, xa … escríbense con A. E non só a PAZ. Vexamos que e como… Camaradas Papá plancha as sabas, mamá sacha as patacas, papá lava as pratas, mamá apaña as laranxas, papá arranxa a casa, mamá arranxa as zapatas … Caramba! Xa basta! Traballar cansa! … Para acabar, fan gran manxar para xantar: pasta branda á malabar! … Para acabar, papá abraza a mamá mamá abraza a papá.”
Mais esta mañá traballamos con outro tipo de palabras brancas, aquelas que levan no seu contexto ou no seu significado a cor. Escribe nos comentarios aquela palabra que suliñamos na túa lista, esta mañá.